Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

BLOGUE DO MINHO

Espaço de informação e divulgação da História, Arte, Cultura, Usos e Costumes das gentes do Minho e Galiza

BLOGUE DO MINHO

Espaço de informação e divulgação da História, Arte, Cultura, Usos e Costumes das gentes do Minho e Galiza

GALIZA: A PRIMEIRA MUIÑEIRA COM NOTACIÓN MUSICAL ESTÁ DATADA EN 1786

2024042919155766562.jpg

Muiñeira representada no gravado que Mariano Ovejero realizou do cadro de Dionisio Fierros de 1858.

Julio Alonso Monteagudo constatou que desde o século XVII circulaba pola Península Ibérica un baile coñecido como gaita galega que sería o antecedente máis directo

A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun "elemento identitario" da Galiza que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX).

Alonso, que comezou a traballar no aspecto máis humano e social da música da man do antropólogo Marcial Gondar, concluíu a súa tese baixo a dirección da tamén antropóloga Nieves Herrero. Nas súas pescudas confirmou que a evolución política do provincialismo e do rexionalismo, como antecedentes do nacionalismo no século XIX, levou a unha busca de elementos que conformasen a identidade galega e á formación dun canon da música galega que se basea "nunha escolla, na recuperación da música tradicional, folclórica". É nese momento cando a muiñeira é considerada como un símbolo da Galiza.

O seu antecedente directo era "un baile chamado gaita galega", que non se interpretaba necesariamente co instrumento do mesmo nome, e que "desde o século XVII circulaba pola Península Ibérica". Alonso lembra que no século XVII son coñecidas e interpretadas "pezas populares coma as jácaras, as chaconas ou os canarios” e é a partir desa época cando os bailes cortesáns incorporan bailes populares coma eses, no caso da Galiza as pezas chamadas gaitas, que aparecen nos libros de composicións para guitarra, a cal era "o instrumento máis popular".

A popularidade da composición denominada galega fai que se incorpore tamén ás pezas teatrais, de xeito que "cando saía o personaxe galego soaba a gaita, interpretada con guitarra" e o público sabía que estaba a ver un personaxe de orixe galega, "frecuentemente un personaxe cómico, que cando sae á escena crea confusión". No ámbito relixioso a gaita galega "entra nos vilancicos, un xénero que non era só para o Nadal, tamén para as festas", aínda que neste caso o carácter cambia: "o personaxe galego pasa a ser honesto e honrado, por exemplo un pastor humilde, traballador e esforzado".

 A referencia máis antiga á muiñeira aparece "nun texto de 1745 de frei Martin Sarmiento", quen por certo compara os movementos deste baile cos que fan as galiñas e os galos, especialmente "os saltos que fan os galos"; a primeira destas composicións que puido atopar con notación musical Julio Alonso está datada no Nadal de 1786 e asínaa "o mestre de cap Desta maneira, López actúa de mediador para incorporala á música culta. A partir da publicación da Historia de Galicia de José Verea e Aguiar en 1838 xorde "o discurso que consolida a muiñeira como paradigma e referente identitario para a Galiza", apunta Alonso. Mesmo Manuel Martínez Murguía na súa Historia de Galicia publicará as primeiras transcricións con notación musical de música popular galega, que lle enviou o tamén escritor estradense Marcial Valladares Núñez, quen contaba cunha ampla formación musical. ela da Catedral compostelá Melchor López".

Fonte: nòsdiário