CENTRO GALEGO DE LISBOA PROMOVE CICLO DE CONFERÊNCIAS “(DES)ENCONTROS GALEGO-PORTUGUESES
(Des)Encontros galego-portugueses: Ciclo de eventos | Marzo, Abril e Maio de 2016
Organización: Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa
O obxectivo deste ciclo é programar unha serie de conferencias, debates e outros eventos sobre as relacións históricas e actuais entre as sociedades e as culturas galega e portuguesa, atendendo a diferentes aspectos.
O ciclo constará de seis sesións, que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio nas instalacións da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.